[11-05-2013] O Concello de Ames, a través da concellería de Benestar Social, organizou para o vindeiro martes, 14 de maio, un obradoiro de hábitos saudables. Esta actividade, que se desenvolverá entre as 18:00 h e as 22:00 horas no local de JUPEMI (Club de Xubilados e pensionistas do Milladoiro), realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para os Cidadáns. A entrada é libre e gratuíta. As persoas que se inscriban neste obradoiro recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia a esta actividade formativa. Para elo, hai que inscribirse na propia páxina web do SERGAS ou chamando ao número de teléfono 981 535 941, correspondente ao departamento municipal de Servizos Sociais.
O local social de JUPEMI (Club de Xubilados e pensionistas do Milladoiro) acolle o próximo martes, 14 de maio, un obradoiro de hábitos saudables que está dirixido principalmente a discapacitados intelectuais e coidadores, aínda que tamén poden asistir todos aqueles veciños/as que así o desexen. Impartiranse 4 horas lectivas nas que se analizará o papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento; na saúde e na prevención da enfermidade.
Por outra banda, daranse varias recomendacións para unha alimentación saudable; analizarase o papel da actividade física no desenvolvemento corporal e na saúde e achegaranse recomendacións actuais de actividade física. Por último, impartiranse unha serie de recomendación para a prevención de patoloxías orais, métodos e técnica de cepillado en persoas con discapacidade.
Este obradoiro será impartido por Ana Martínez Lorente e Orlando Blanco Iglesias. Ambos os dous son técnicos do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade. Esta actividade realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para os Cidadáns.
A través deste obradoiro preténdese concienciar á poboación da importancia de practicar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida contribuíndo á prevención de enfermidades. Ademais, as persoas que participen nesta actividade poderán adquirir habilidades para o autocoidado da saúde.
A entrada é libre e gratuíta. As persoas que se inscriban neste obradoiro recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia a esta actividade formativa. Para elo, hai que inscribirse na propia páxina web do SERGAS ou chamando ao número de teléfono 981 535 941, correspondente ao departamento municipal de Servizos Sociais.




