- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza para o venres 8 de maio, ás 12.00 horas, unha charla no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro sobre a regularización extraordinaria de inmigrantes 2026 en España. As solicitudes pódense presentar desde o 16 de abril ata o 30 de xuño de 2026, permitindo obter un permiso de residencia. Dita charla será impartida polas asesoras xurídicas do departamento de Benestar Social e polo técnico municipal de migración. A través deste proceso regularización pódese obter o permiso de residencia e traballo.
A regularización extraordinaria de inmigrantes 2026 en España é un proceso aprobado para regularizar a estranxeiros que xa residían no país antes do 1 de xaneiro de 2026. As solicitudes pódense presentar desde o 16 de abril ata o 30 de xuño de 2026, permitindo obter un permiso de residencia. Dita charla será impartida polas asesoras xurídicas do departamento de Benestar Social e polo técnico municipal de migración.
O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que dá comezo ao proceso de regularización administrativa extraordinaria de persoas migrantes que xa residen en España. A autorización obtida dará dereito a traballar en calquera sector e lugar do país durante un ano. Dita reforma do regulamento de estranxeiría foi publicada no BOE o pasado 15 de abril.
Na charla organizada polo Concello de Ames explicarase en que consiste dito proceso, os prazos e formas de solicitude, a quen vai dirixida, os requisitos que hai que cumprir e a documentación necesaria para participar. A través deste proceso regularización pódese obter o permiso de residencia e traballo.






