Pestanas principais

O Concello de Ames organiza o martes, 22 de xullo, a actividade “Noite de estrelas” no alto do Monte de San Marcos

Sábado, 19 de xullo de 2014

[19-07-2014] A vindeira semana continúan as actividades de astronomía, que está desenvolvendo o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, no concello de Ames. Nesta ocasión vaise organizar unha actividade de observación astronómica no alto do monte de San Marcos, que se denomina “Noite de estrelas”. Esta actividade, que se desenvolverá a partir das 22:30 horas, está dirixida a todos os públicos. A observación enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos. O Concello de Ames ofrecerá un servizo de autobús, que trasladará os interesados ata o monte de San Marcos. Hai dúas paradas establecidas. A saída do autobús efectuarase ás 21:30 dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:45 dende a praza do Concello, en Bertamiráns. Non é necesaria inscrición previa.

O Concello de Ames colabora co Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, no desenvolvemento do programa Todocosmos, que pretende achegar o mundo da astronomía a diferentes concellos de Galicia. No marco deste programa o persoal do observatorio astronómico Ramón María Aller desenvolverá unha actividade de observación astronómica o próximo martes, 22 de xullo, no alto do monte de San Marcos.

Esta actividade, que se desenvolverá entre as 22:30 e as 01:00, denóminase “Noite de Estrelas”. Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar varios astros e constelacións. Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse previamente. Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que desexen asistir. Os participantes deberán levar unha lanterna e roupa de abrigo.

Haberá servizo de autobús
Para facilitar a asistencia das persoas que estean interesadas nesta actividade, o Concello de Ames habilitou un servizo de autobús que trasladará ós participantes ata o monte de San Marcos. Hai dúas paradas establecidas. A saída do autobús efectuarase ás 21:30 dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:45 dende a praza do Concello, en Bertamiráns. O autobús regresará a 01:00 cara Bertamiráns e estará arredor da 01:15 horas no Milladoiro.

O programa de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursos, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

Parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto "La Astronomía al alcance de todos: colaboración Universidad-Ayuntamientos-Organismos Públicos y Empresas", que co acrónimo TODOCOSMOS conta con financiación da FECYT para o ano 2014, e no que participan así mesmo os concellos de Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, e Teo, así como a empresa Óptica Val.

Para ampliar calquera outra información, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 660 004 665.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Observación de las estrellas en Ames"