[28-05-2013] O Concello de Ames, a través da concellería de Benestar Social, organizou para o este mércores, 29 de maio, un obradoiro sobre o manexo do estrés e da ansiedade. Esta actividade, que se desenvolverá entre as 17:00 h e as 20:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para os Cidadáns. A entrada é libre e gratuíta. As persoas que se inscriban neste obradoiro recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia a esta actividade formativa. Para elo, hai que inscribirse na propia páxina web do SERGAS ou chamando ao número de teléfono 981 535 941, correspondente ao departamento municipal de Servizos Sociais.
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este mércores, 29 de maio, un obradoiro sobre o manexo do estrés e da ansiedade, que está dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral. Impartiranse tres horas lectivas nas que se analizará que é o estrés e a ansiedade. Ademais, falarase sobre os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade; as fontes de estrés e os factores clave; así como se aprenderá a coñecer, entender, e manexar o estrés e a ansiedade na vida de cada participante. Por último, daranse a coñecer 30 estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés.
A través deste obradoiro preténdese que os participantes aprendan a xestionar as emocións; conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade; e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital (xubilación, enfermidade, etc.). Este obradoiro será impartido por Lorel Scott, doutora en Comunicación pola Universidade de Texas, Austin.
A entrada é libre e gratuíta. As persoas que se inscriban neste obradoiro recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia a esta actividade formativa. Para elo, hai que inscribirse na propia páxina web do SERGAS ou chamando ao número de teléfono 981 535 941, correspondente ao departamento municipal de Servizos Sociais.