[18-08-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Obras, vai executar obras para mellorar a seguridade peonil na rúa Agro do Medio, que está situada na localidade do Milladoiro. Os traballos desenvolveranse no paso de peóns que está á altura do parque infantil da rúa Travesa. A través desta actuación vaise facer un paso de peóns elevado e vanse adaptar as beirarrúas lindantes ó mesmo. Ademais, vanse instalar as correspondentes sinais verticais de advertencia de paso elevado. Esta actuación terá un custo de preto de 5.000 euros.
A rúa Agro do Medio é unha das zonas máis transitadas do Milladoiro. Por está rúa pasan todos os días un gran número de persoas e vehículos. Debido a iso, o Concello de Ames vai realizar obras nesta vía co obxectivo de mellorar a seguridade peonil dos peóns que circulan por esta zona do Milladoiro. A través desta actuación preténdese minorar a velocidade dos vehículos que circulan por esta estrada para que os peóns poidan cruzar sen perigo. Os traballos desenvolveranse no paso de peóns que está á altura do parque infantil da rúa Travesa.
As obras consistirán na execución dun paso de peóns elevado. Ademais, vanse adaptar as beirarrúas lindantes o novo paso elevado e vanse instalar as correspondentes sinais verticais de advertencia de paso elevado. Esta actuación terá un custo de preto de 5.000 euros. Estes traballos realizarase en dous tramos distintos, xa que o paso de peóns da rúa Agro do Medio está dividido por unha zona axardinada.
O novo paso elevado terá 16 metros de longo por 4 metros de ancho e un alto de 10 centímetros. Ademais, contará con rampas de 2,5 metros de longo. Para realizar este paso empregarase aglomerado totalmente compactado e con imprimación asfáltica. O concelleiro de Obras, Alfredo Taboada, destacou que, con estas obras, “conseguirase que a circulación dos peóns por esta rúa tan transitada se poida realizar nunhas condicións máis seguras”.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Ames busca soluciones «in extremis» para adjudicar el contrato del agua"
El Correo Gallego: "Ames vai elevar o paso de peóns situado na zona do centro de saúde do Milladoiro para evitar atropelos"




