Pestanas principais

O Concello de Ames mellora a seguridade peonil na rúa Agro do Medio do Milladoiro

Luns, 08 de setembro de 2014

[08-09-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Obras, estivo executando obras para mellorar a seguridade peonil na rúa Agro do Medio, que está situada na localidade do Milladoiro. Os traballos desenvolvéronse no paso de peóns que está á altura do parque infantil da rúa Travesa. A través desta actuación construíuse un paso de peóns elevado e adaptáronse as beirarrúas lindantes ó mesmo. Ademais, instaláronse as correspondentes sinais verticais de advertencia de paso elevado. Esta actuación tivo un custo de preto de 5.000 euros. Proximamente instalaranse sinais luminosas que faciliten aos condutores a visión deste peonil.

A rúa Agro do Medio é unha das zonas máis transitadas do Milladoiro. Por está rúa pasan todos os días un gran número de persoas e vehículos. Debido a iso, o Concello de Ames estivo realizando obras nesta vía co obxectivo de mellorar a seguridade peonil dos peóns que circulan por esta zona do Milladoiro. A través desta actuación preténdese minorar a velocidade dos vehículos que circulan por esta estrada para que os peóns poidan cruzar sen perigo. Os traballos desenvolvéronse no paso de peóns que está á altura do parque infantil da rúa Travesa.

As obras consistiron na execución dun paso de peóns elevado. Ademais, adaptáronse as beirarrúas lindantes o novo paso elevado e instaláronse as correspondentes sinais verticais de advertencia de paso elevado. Esta actuación tivo un custo de preto de 5.000 euros. Estes traballos realizáronse en dous tramos distintos, xa que o paso de peóns da rúa Agro do Medio está dividido por unha zona axardinada.

O novo paso elevado ten 16 metros de longo por 4 metros de ancho e un alto de 10 centímetros. Ademais, conta con rampas de 2,5 metros de longo. Para realizar este paso empregouse aglomerado totalmente compactado e imprimación asfáltica. O concelleiro de Obras, Alfredo Taboada, destacou que, con estas obras, “conseguirase que a circulación dos peóns por esta rúa tan transitada se poida realizar nunhas condicións máis seguras”.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames mejora la seguridad peatonal de Agro do Medio, en Milladoiro"