[26-12-2011] O Concello de Ames aprobou no pasado pleno extraordinario a conta xeral do 2010 o que implica que de cara ao próximo ano este Concello estará en condicións de render as contas dentro dos prazos legais, algo que non acontece dende o ano 2002. A importancia de traballar dentro das datas da lei neste campo é vital para a economía municipal, principalmente porque é condición indispensable para recibir subvencións por parte da Xunta de Galicia e porque permite un coñecemento actualizado do funcionamento do Concello para facer un orzamento adecuado á realidade municipal. No caso de Ames, por ser este un concello moi dinámico demográfica e socialmente o feito de que os presupostos municipais se axusten á realidade ten moita importancia.
O Concello de Ames aprobou no pasado pleno extraordinario a conta xeral do 2010 o que implica que de cara ao próximo ano este Concello estará en condicións de render as contas dentro dos prazos legais, algo que non acontece dende o ano 2002. A importancia de traballar dentro das datas da lei neste campo é vital para a economía municipal, principalmente porque é condición indispensable para recibir subvencións por parte da Xunta de Galicia e porque permite un coñecemento actualizado do funcionamento do Concello para facer un orzamento adecuado á realidade municipal. No caso de Ames, por ser este un concello moi dinámico demográfica e socialmente o feito de que os presupostos municipais se axusten á realidade ten moita importancia.
O Concello rendeu a conta por primeira vez dende o 2002 dentro do ano. Trátase dunha boa noticia que evidencia o gran traballo que nos últimos meses fixeron os traballadores municipais do departamento económico e pola cal o actual goberno, que dirixe Santiago Amor, se felicita. O alcalde afirma que "este é o primeiro paso para poñer en orde as contas do concello e para recuperar a senda da recuperación económica".
Coa aprobación da conta xeral de 2010 dáse cumprimento á obriga de presentar as contas antes de final de ano. O Consello de Contas establece unha tripla distinción no tocante ao cumprimento do deber de rendición por parte das entidades locais. A primeira opción refírese ás entidades que cumpriron co prazo legal do 15 de outubro; o segundo refírese ao das que remitiron a Conta dentro do exercicio correspondente, e o terceiro e último ao das que o fixeron nun ano diferente. Neste caso o Concello de Ames estaría incluído no grupo de concellos que remiten as contas dentro do exercicio correspondente.
A liquidación desta conta amosa datos pouco optimistas, o remanente de tesourería é de -916.310,68 euros. O remanente ven sendo negativo dende o ano 2008, cando as cifras foron de -428-871euros, en 2009 o remanente negativo ascendeu a -639.625,75euros. Polo tanto, é o terceiro ano consecutivo que o remanente é negativo e amosa ademais un crecemento "desorbitado". A conta tamén amosa un resultado orzamentario de números vermellos que ascenden a -198.291,88 euros. Santiago Amor asegura que "é moi importante cumprir o obxectivo de render a conta dentro deste exercicio. Ademais agora as administracións públicas están esixindo que as contas estean ao día para poder solicitar axudas e subvencións. Deste xeito o Concello de Ames poderá solicitar subvencións á Xunta de Galicia durante o ano 2012 e estaremos en condicións de facer uns orzamentos axustados á realidade e responsables".
O alcalde amiense tamén explica que "ter un remanente negativo de Tesoureiría desta magnitude leva consigo tomar medidas difíciles e urxentes como consecuencia da xestión dos últimos anos". "Outro factor a ter en conta neste exercicio 2010 é o Resultado Orzamentario negativo, o cruce entre os ingresos e os gastos, que manifesta un marcado desequilibrio por primeira vez este ano e fai pensar que o resultado do ano 2011 entre estas dúas magnitudes poida ser aínda peor" afirma.
Santiago Amor, alcalde e delegado da área económica do Concello de Ames, explica que a inestabilidade que amosa o orzamento do ano 2010 obriga a elaboración dun Plan de Equilibrio Financeiro "se queremos saír da situación que ten o Concello".




