Pestanas principais

O Concello de Ames leva a cabo a mellora dun camiño no lugar da Igrexa, en Covas

Xoves, 13 de marzo de 2014

[13-03-2014] O Concello de Ames subscribiu un convenio coa Deputación Provincial da Coruña para desenvolver varias obras de arranxo de camiños municipais. Aproveitando o bo tempo desta semana a empresa Excavaciones Pose está executando o asfaltado dunha destas vías. Trátase dun camiño que está situado no lugar de A Igrexa, pertencente á parroquia de Covas. Os operarios da devandita empresa están realizando o asfaltado superficial e selado deste camiño municipal. Os traballos non se acometeron anteriormente debido ás inclemencias metereolóxicas dos últimos meses.

O Concello de Ames non só se preocupa por executar novas infraestruturas se non que tamén mantén e acondiciona as que xa ten. Dentro do programa de mantemento e acondicionamento da rede municipal de vías e camiños o Concello de Ames está executando os traballos de asfaltado dun camiño situado no lugar de A Igrexa, pertencente á parroquia de Covas. Para executar este plan de mantemento dos camiños muncipais o goberno municipal asinou un convenio coa Deputación da Coruña onde se inclúe o arranxo de oito vías municipais pertencentes ás parroquias de Ortoño, Bugallido, Biduído e Covas.

Deste xeito, a empresa Excavaciones Pose está executando os traballaos de asfaltado do camiño situado no lugar de A Igrexa, en Covas, aproveitando o bo tempo desta semana. Estes traballos non se fixeron anteriomente debido ás inclemencias metereolóxicas dos últimos meses. Se as obras se executaran con chuvia, corríase o risco de que o asfaltado quedase en mal estado, polo que o goberno municipal decidiu agardar a que chegase o bo tempo.

Os traballos de asfaltado que se están executando abranguen un tramo de estrada que conta cunhas dimensións de 75 metros cadrados (450 metros de lonxitude e 3,50 metros de ancho). A través desta actuación vaise a mellorar a capa de rodaxe deste camiño cun tratamento asfáltico superfical e o correspondente rego de selado en toda esta zona. Antes de aplicar o asfalto os operarios están reparando todas as fochancas. Tamén están perfilando as mordentes da estrada con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias para que haxa un correcto drenaxe tanto loxitudinal coma transversal.