Pestanas principais

O Concello de Ames legaliza as obras de ampliación no complexo deportivo Squash Santiago do Milladoiro

Xoves, 19 de marzo de 2015

[19-03-2015] O Concello de Ames aprobou recentemente a legalización das obras de ampliación do complexo deportivo “Squash Santiago”, situado na avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Deste xeito, dáselle o visto bo á construción dunha terceira piscina e dunha nave para pistas de pádel. Asemade, tamén se legalizaron unhas instalacións que se acondionaron para usar como salas de spinnig e aeróbic, zona infantil de xogos e zonas comúns de circulación e evacuación.

Avalada polos informes dos técnicos do departamento de Urbanismo a Xunta de Goberno Local vén de darlle luz verde á solicitude de legalización destas obras construídas recentemente co obxectivo de ampliar o devandito complexo deportivo, que dispón dun aforo máximo permitido de 734 persoas.  

A este acordo chegouse despois de que se presentara un proxecto para legalizar as devanditas obras no local. Ademais, tiveron que presentar un estudo xeral no que se xustificase que as novas instalacións cumprían a normativa vixente. Unha vez presentada a documentación, os técnicos do departamento municipal de Urbanismo informaron favorablemente da solicitude de formación dun complexo deportivo e confirmaron a legalidade das obras de ampliación executadas.  

Por último, aprobouse a liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, que ascende á cantidade de 2.023,92 euros. O presuposto das obras de ampliación segundo recolle o proxecto é de 101.195.97 euros.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames concede licencia para la ampliación del gimnasio Squash Santiago"