[22-07-2014] O Concello de Ames lamenta o accidente que se produciu na tarde de onte na piscina municipal do Milladoiro, no que un neno quedou enganchado ao meter unha man nun conduto de auga desta instalación. O goberno municipal púxose a disposición dos pais do neno implicado no devandito accidente dende o primeiro momento para coñecer a situación e evolución do rapaz. A concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, achegouse ata a piscina do Milladoiro en canto tivo constancia dos feitos, e o alcalde de Ames, Santiago Amor, estivo no hospital na tarde de onte para interesarse polo estado do neno. Na mañá de hoxe, varios técnicos do Concello achegáronse ata esta instalación, para revisala e ordenar os traballos a executar e recuperar a normalidade da piscina infantil do Milladoiro, que estará pechada ata o venres por traballos de reposición. Asemade, tamén se están a revisar o resto de piscinas municipais.
A piscina infantil do Milladoiro estará pechada ata o vindeiro venres, 25 de xullo, debido ás obras de reparación que se están executando no seu vaso. Na mañá de hoxe, varios técnicos do Concello achegáronse ata esta instalación, para revisala e ordenar os traballos a executar e recuperar a normalidade da piscina infantil do Milladoiro, que estará pechada ata o venres por traballos de reposición. Asemade, tamén se están a revisar o resto de piscinas municipais.
Ata este mesmo lugar achegáronse o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, para comprobar o inicio dos traballos de reparación. A piscina infantil do Milladoiro contaba con todos os permisos para estar aberta ao público. Os controis sanitarios feitos no momento da súa apertura e nas últimas semanas resultaron positivos. Deste xeito, esta instalación pasou a correspondente inspección da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, realizada o pasado día 9 de xullo. Nesta inspección non se detectou ningún problema de seguridade.
Unha vez rematen os traballos de reparación haberá que volver a encher de auga esta piscina e realizar os correspondentes controis sanitarios. Nestes controis avalíanse diferentes parámetros como o cloro, o PH e a turbidez da auga. Aínda que a piscina infantil estará pechada uns días, a piscina de adultos seguirá aberta no seu horario habitual de 10:30 h a 20:30 horas, de luns a domingo.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, lamentou o accidente que se produciu onte na piscina de Milladoiro e explicou que “o goberno municipal púxose a disposición dos pais dende o primeiro momento para coñecer a situación e evolución do neno”. A concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, achegouse ata a piscina do Milladoiro en canto tivo constancia dos feitos e o alcalde de Ames, Santiago Amor, estivo no hospital na tarde de onte para interesarse polo estado do neno.
O rexedor municipal tamén indicou que “esta mañá comezaron as obras de reparación nesta instalación, uns traballos que están sendo supervisados polos técnicos municipais”.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "A piscina do Milladoiro abrirá o venres tras os traballos de reposición"
La Voz de Galicia: "La piscina infantil de Milladoiro estará cerrada hasta el viernes"
La Voz de Galicia: "El Concello revisa las piscinas tras el accidente infantil de Milladoiro"




