[11-05-2011] O Concello de Ames continúa traballando para mellorar as instalacións municipais que teñen un maior uso nos meses de primavera e de verán. Coa chegada da calor os nenos e nenas saen a rúa para xogar e divertirse no seu tempo de lecer. Durante as últimas semanas o Concello de Ames encargoulle á empresa Integro de Xardinería o acondicionamento dos parqués infantís para que estean en perfectas condicións para os meses da temporada estival. Os traballos que se están executando son a limpeza das zonas de xogo e o repintado dos valados de madeira. Deste xeito Ames terá renovados e mellorados os seus parques infantís antes da chegada do verán. Ademais estanse limpando as beirarrúas da zona rural. Nestes traballos vanse investir 38.645 euros.
O Concello de Ames non só se preocupa por executar novas infraestruturas se non que tamén mantén e acondiciona as que xa ten. Dentro do programa de mantemento e acondicionamento das infraestruturas municipais que desenvolve todos os anos a Concellaría de Infraestruturas e Obras, Servizos Básicos, Parques e Xardíns estanse acondicionando os parques infantís para que estean en perfectas condicións para a temporada estival.
Os traballos de mantemento que están levando a cabo nos parques infantís recollen unha exhaustiva limpeza das zonas de xogo e do seu contorno. Ademais, nalgúns dos parques infantís estanse pintando os valados de madeira que delimitan a zona de xogo. Os traballos comezaron o pasado 25 de abril e continuarán ata que se remate de acondicionar todos os parques infantís que dispoñen de zonas de xogo con area. A empresa Integro de Xardinaría é a encargada de realizar estes traballos.
Ata o de agora acondicionaron os parques infantís que están situados na zona do lavadoiro, no Milladoiro, na urbanización As Mimosas, na praza de Chavián, na Condomiña, na urbanización de Aldea Nova, e nas parroquia de Trasmonte, Augapesada, Covas, A Tarroeira e Biduído.
No Milladoiro existen cinco parques infantís, que están situados na praza Nova, na rúa Estivada de Castelao, na praza de Manuel Murguía, na Eira de Abaixo e na rúa Travesa, que foi aberto ao público recentemente. En Bertamiráns limpáronse os parques que dispoñen de zona de xogo con area como son os parques que se atopan na Praza de Chavián ou na Condomiña.
En total son 28 os parques infantís que están distribuídos por todo o temo municipal. Deste xeito prestase un servizo lúdico a todos os nenos e nenas do concello. Tanto aos das zonas urbanas como aos dos rural. Tampouco hai que esquecerse que moitas das urbanizacións municipais contan cos súas áreas de xogo como é o caso da urbanización de Aldea Nova ou das Mimosas.
Os 28 parqués infantís que existen actualmente en Ames distribúense do seguinte xeito; na zona de Bertamiráns hai catro, mentres que no Milladoiro existen cinco. Ademais as urbanizacións de Aldea Nova e das Mimosas contan cunha área de xogo. Os dezasete restantes están distribuídos pola zona rural amiense.
Mantemento das beirarrúas na zona rural
Á marxe do calendario habitual de traballo, durante estes meses estase prestando un servizo de limpeza en diferentes localidades e nas zonas rurais para mellorar a calidade de vida de moitos veciños e veciñas de Ames. Para iso á empresa Integro de Xardinería a limpeza das beirarrúas do rural.
As beirarrúas van acumulando sedimentos co paso do tempo que pouco a pouco van atascando os pasos de auga e dificultando a drenaxe das pistas. O Concello de Ames acometeu diversos traballos de limpeza nas beiras de pistas de Barouta, Pousada, Trasmonte, Augapesada, Covas, Biduído, Pontemaceira, Lombao e Quintáns para eliminar terra e vexetación. Estes traballos aínda non remataron e estanse executando noutros lugares do municipio.
Neste traballos o Concello de Ames vai investir preto de 40.000 euros. Os traballos relativos ao repintando dos valados dos parques infantís teñen un custo de 18.560 euros, mentres que a limpeza das zonas de xogo dos parques e a limpeza das beirarrúas ascende a cantidade de 20.085 euros.
"Son pequenos traballos pero non por iso deixan de ser importantes. Coidar os detalles é a base para acadar un resultado global positivo. Trátase de traballos de mantemento das infraestruturas que son necesarios para conservar o que temos. Ademais deste xeito conseguimos que os parques infantís se manteñan en boas condicións. Por outra banda coa limpeza das beirarrúas evitamos que se atasquen os pasos de auga e que se danen as estradas. Seguiremos realizando este tipo de actuacións onde sexa preciso" afirma Gustavo Nieto, concelleiro de Obras.
A nova noutros medios dixitais:
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Puesta a punto para los parques y aceras del rural amiense antes del verano"
El Correo Gallego: "Puesta a punto para los parques y aceras del rural amiense antes del verano"
El Correo Gallego: "Puesta a punto para los parques y aceras del rural amiense antes del verano"
La Voz de Galicia: "Inversión de 40.000 euros en aceras y parques amienses"
La Voz de Galicia: "Inversión de 40.000 euros en aceras y parques amienses"
La Voz de Galicia: "Inversión de 40.000 euros en aceras y parques amienses"




