Pestanas principais

O Concello de Ames instalará dúas casetas para os taxistas do Milladoiro e de Bertamiráns

Venres, 15 de maio de 2015

[15-05-2015] O Concello de Ames instalará proximamente dúas casetas para os taxistas na rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns e na Avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Neste espazo, os condutores poderán resgardarse e atender as chamadas. Están fabricadas en aceiro inoxidable con acabado en mate, cubertas cun vidro de seguridade e contarán cun banco. Cada unha destas marquesiñas mide uns 7 metros cadrados e o importe da súa execución acada os 10.000 euros en total.

Novo vehículo policial en Ames  

A Policía Local de Ames contará antes do inicio do verán cun novo vehículo e unha motocicleta de trial, que permitirá acceder con facilidade ás zonas rurais. O alcalde de Ames, Santiago Amor, sinala que esta dotación, solicitada á Xunta de Galicia, “é moi necesaria”, pois o corpo policial só dispón de tres coches, que acumulan moitos quilómetros. O rexedor amesán considera que os novos transportes permitirán “mellorar a atención tanto nas parroquias coma nos núcleos urbanos”.  

Por outro lado, o Concello de Ames abriu esta semana o proceso de contratación dun vehículo todo-terreo dotado dun kit policial. O orzamento estimado do contrato é de 24.793,39 euros, máis IVE. As propostas poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dentro dos vindeiros quince días.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello destina 10.000 euros a casetas en las paradas de taxi"