[19-11-2016] O Concello de Ames instalou varios equipamentos térmicos de biomasa, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, nos locais sociais de Augapesada, Piñeiro, Biduído e na escola unitaria da Tarroeira. A administración local dispuxo de 10.825,81 euros para sufragar parte desta actuación. Para desenvolver esta actuación o Concello de Ames participou na liña de subvencións ditadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que ditou unha resolución de concesión de axudas, para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016. Asemade, esta axuda está cofinanciada con fondos FEDER no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.


O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, instalou equipos térmicos de biomasa en tres locais sociais e nunha escola unitaria. Deste xeito, instalouse unha hidroestufa con radiadores no local social de Biduído, unha estufa de aire no local social de Augapesada, outra estufa de aire no local social de Piñeiro e unha caldeira con alimentación automática, mediante tornillo sinfín ou sistema neumático desde un sistema de almacenamento exterior á caldeira de capacidade superior ou igual a 250 litros e inferior a 1000 litros, na escola unitaria da Tarroeira, xa que neste lugar xa existía unha estufa.
Coa instalación deste novos equipamento substitúese o gasoil polos pellets na escola unitaria da Tarroeira e a electricidade pola biomasa nos locais sociais de Biduído, Augapesada e Piñeiros. Ademais, evítase a emisión de 296 kg/ano de CO2 na escola da Tarroeira; 327 kg/ano de CO2 no local de Biduído, e 101 kg/ano de CO2 tanto no local social de Augapesada como no de Piñeiro.
A administración local dispuxo de 10.825,81 euros para sufragar parte desta actuación. Para desenvolver esta actuación o Concello de Ames participou na liña de subvencións ditadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que ditou unha resolución de concesión de axudas, para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016. Asemade, esta axuda está cofinanciada con fondos FEDER no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.





