Pestanas principais

O Concello de Ames inicia a renovación de tres parques infantís

Mércores, 17 de setembro de 2014

[17-09-2014] O Concello de Ames realizará obras de reparación nos parques infantís da Praza de Chavián, en Bertamiráns; no parque ubicado na praza que está limitada polas rúas Agro da Madalena, Agro do Medio e Viorneira (máis coñecida como Praza de Correos), no núcleo do Milladoiro, e no parque infantil da urbanización Agro do Muíño, na parroquia de Ortoño. Estes traballos estaban contemplados no Plan de Obras e Servizos complementario da Deputación correspondente ao exercicio 2013 e, grazas aos aforros conseguidos nas restantes licitacións, poden acometerse agora. Na reparación e adecuación dos tres parques infantís empregaranse un total de 51.307 euros. As obras comezaron esta mañá no parque infantil da urbanización Agro do Muiño, retirando os xogos co obxectivo de preparar o terreo, que ata o de agora era de grava, para poder poñerlle un chan de caucho.

Os tres partes nos que se acometen obras son parques moi empregados empregados debido a súa situación. O da praza de Chavián é o máis concorrido de Bertamiráns, debido a que está emprazado nas inmediacións da Casa da Cultura e do centro de saúde. O mesmo acontece co da praza de Correos do Milladoiro, situado no centro do núcleo urbano e próximo tamén ao centro de saúde. Por último, na urbanización Agro do Muíño, situada na parroquia de Ortoño, existe un colexio nas inmediacións do parque, polo que á afluencia de público infantil procedente da propia urbanización súmase á que vén da saída do centro educativo.

Obras a realizar

No parque de Agro do Muíño as actuacións consistirán na retirada do pavimento de grava, que existe na actualidade e que ocupa unha superficie total de 147 metros cadrados, e substituirase por lousas de caucho. Antes da colocación do pavimento de caucho haberá que realizar unha soleira de formigón sobre a que se colocarán ás devanditas lousas de caucho. Ademais, inclúese a colocación dun valado perimetral que delimite a área de xogos.

Nos parques da praza de Chavián e do Milladoiro prevese a retirada do pavimento actual de lousas de caucho, a posterior limpeza e preparación da soleira de formigón e a posterior execución de pavimento de caucho continuo para garantir a amortiguación das posibles caídas dos nenos/as.


Contido relacionado


Comienza la renovación de los tres parques infantiles de más uso de Ames