Pestanas principais

O Concello de Ames inicia os trámites para sacar a licitación as obras de ampliación do abastecemento de Barouta

Martes, 22 de xaneiro de 2013

[22-01-2013] O Concello de Ames acaba de recibir a autorización de Augas de Galicia para levar a cabo os traballos de ampliación de abastecemento no lugar de Barouta, na parroquia de Ames. O seguinte paso será iniciar os trámites para sacar a licitación as obras, incluídas no POS 2012 e que contan cun orzamento de 82.556,25 euros.

A través deste proxecto de abastecemento de auga vaise dotar deste servizo ao CEIP de Barouta e a un gran número de veciños/as deste lugar da parroquia de Ames. O proxecto enmárcase dentro da planificación de abastecemento do Concello que ten como obxectivo de acondicionar as redes secundarias da rede de saneamento e abastecemento municipal.

As obras que se acometerán no lugar de Barouta consisten na execución dunha canalización de polietileno de 2.320 metros de lonxitude, conectando o núcleo de Barouta dende a rede existente en Pedrouzos, previa escavación de gabia e posterior recheo compactado.

O obxectivo destes traballos é continuar coa rede de abastecemento municipal nesta zona, para o que se contempla a utilización de 2.310 metros de canalización coa correspondente instalación de valvulería e arquetas de aloxamento. Finalmente, levarase a cabo a reposición do pavimento afectado pola execución das obras, semellante ao existente, así como o entronque á rede existente e probas hidráulicas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames inicia os trámites para sacar a licitación as obras do abastecemento de Barouta"