[07-04-2015] O Concello de Ames iniciou esta semana os traballos de mellora da capa de rodaxe de varias rúas e camiños municipais. En concreto, estanse a asfaltar o tramo final da rúa Xaquín Lorenzo, no Milladoiro, e as travesías de Lodeiro e do Pedregal –ambas situadas en Bertamiráns–. Nesta última rúa crearanse, ademais, corenta novas prazas de aparcamento.
Previamente, construíuse un novo tramo de beirarrúa de 150 metros cadrados no Pedregal e repuxéronse 112 metros cadrados de beirarrúa en Lodeiro. Por último, haberá que colocar a correspondente sinalización horizontal e vertical. Nestas obras, sufragadas a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial, vanse investir arredor de 46.000 euros.
Ademais, comezaron os labores previos de limpeza para poder executar o proxecto de reparación do camiño que vai dende o lugar da Mámoa ata a praia fluvial de Tapia.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Asfaltados y desbroces en Ames, que en 2014 instó a limpiar cien parcelas"
La Voz de Galicia: "Ames acomete trabajos de asfaltado de vías en Bertamiráns y Milladoiro"




