Pestanas principais

O Concello de Ames inicia as obras de mellora no patio do CEIP Agro do Muíño

Venres, 15 de maio de 2015

[15-05-2015] O Concello de Ames iniciou esta semana as obras de mellora no patio do CEIP Agro do Muíño. A finalidade desta actuación é darlle uso ás instalacións nas distintas épocas do ano. Deste xeito, pecharase parcialmente o espazo para darlle unha maior utilidade e un mellor aproveitamento ao pavillón polideportivo. O importe acada 50.000 euros e será asumido polo consistorio amesán, a Xefatura Territorial de Educación e a ANPA do colexio.

Os traballos inclúen o peche dos alzados noroeste e nordeste do patio cuberto e a colocación dunha segunda cuberta interior para garantir as axeitadas condicións de uso interior do patio. As obras foron ben recibidas pola comunidade educativa deste centro. Dos 456 alumnos matriculados neste curso, máis do 80% -que empregan o transporte escolar- fan uso da entrada e saída por este patio.  

O alcalde de Ames, Santiago Amor, indica que todas as intervencións programadas se van facendo “con dilixencia, toda vez que os equipamentos educativos son prioritarios para o Concello”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Comienza la obra para cerrar el patio del CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns"