[21-05-2014] O Concello de Ames inicia, coa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a contratación dun novo tractor agrícola con desbrozadora lateral e pala cargadora dianteira. O goberno municipal aprobou en Xunta de Goberno Local un expediente para contratar, mediante procedemento aberto e coa oferta economicamente mais vantaxosa con varios criterios de adxudicación, a subministración do devandito tractor. Para sufragar esta adquisición o Concello de Ames asinou un convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. A entidade provincial achegará 78.400 euros, o que supón o 80% do custo total da compra deste tractor, mentres que o Concello de Ames porá os 19.600 euros restantes.
O Concello de Ames dispón dun tractor municipal, que actualmente está traballando a dobre queda (mañá e tarde) para limpar as beiras e cunetas das pistas asfaltadas de todas as parroquias amienses. O tractor municipal, dotado dun brazo-desbrozadora, traballa durante 7 meses (entre abril e outubro) en dobre quenda, de mañá e tarde, tendo en conta as necesidades que presenta cada parroquia.
Durante as dúas últimas semanas estiveron limpando as cunetas das estradas de todas as aldeas da parroquia de Bugallido, mentres que durante esta e a próxima semana o tractor municipal realizará estes mesmos traballos pero nas aldeas da parroquia de Biduído. Previamente, estivo limpando e desbrozando as pistas forestais co obxectivo de evitar o risco de incendios durante a temporada estival.
Este tractor xa ten preto de 20 anos e conta cun gran uso xa que durante unha bo parte do ano traballa a dobre quenda. Debido a iso o goberno municipal decidiu aprobar en Xunta de Goberno Local un expediente para contratar, mediante procedemento aberto e coa oferta economicamente mais vantaxosa con varios criterios de adxudicación, a subministración dun tractor agrícola con desbrozadora lateral e pala cargadora dianteira.
O orzamento estimado do presente contrato é de 80.991,74 euros, máis o IVE correspondente que é de 17.008,26 euros, o que fai un importe total de 98.000 euros. Para sufragar esta adquisición o Concello de Ames asinou un convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. A entidade provincial achegará 78.400 euros, o que supón o 80% do custo total da compra do devandito tractor, mentres que o Concello de Ames porá os 19.600 euros restantes.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Ames reserva 98.000 euros para la compra de un tractor de carga y desbroce"




