[09-10-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, informa de que esta semana a empresa Servigal recolleu varios animais que foron abandonados. Actualmente, hai dous cans incluídos no espazo de información permanente sobre a recollida de animais abandonados para que poidan ser adoptados. Se alguén quere adoptar algún deles debe contactar coa canceira chamando ao seguinte número de teléfono: 981 26 30 93. Os horarios de atención ao público son de luns a sábado de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Para calquera dúbida relacionada con estas cuestións poden chamar á concellaría de Medio Ambiente: 673 739 011.
Premendo no seguinte enlace podes acceder á sección de animais non reclamados que están na canceira e que poden ser adoptados: http://www.concellodeames.gal/aviso.php?noticia=9471&idioma=gl&sec=110




