Domingo, 17 de maio de 2015
[17-05-2015] O Concello de Ames informa de que, a día de hoxe, os títulos de propiedade da Zona de Concentración Parcelaria Biduído II – Bugallido II están xa en fase de inscrición rexistral.
A superficie afectada abrangue 740 hectáreas, que se distribúen en 2.705 fincas e 16.374 parcelas, pertencentes a 1.671 propietarios. O investimento en servizos técnicos suma 568.389,94 euros, mentres que en obras a cifra acadada foi de 2.459.485,54 euros.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca “o avance da tramitación” que, como en todo procedemento de concentración parcelaria sempre é laborioso e complexo, segundo subliña.




