Pestanas principais

O Concello de Ames informa de que a Zona de Concentración Parcelaria Biduído II – Bugallido II está en fase notarial

Luns, 23 de febreiro de 2015

[23-02-2015] O Concello de Ames informa de que, a día de hoxe, os títulos de propiedade da Zona de Concentración Parcelaria Biduído II – Bugallido II están en fase notarial, “polo que esta tramitación, allea á Administración, depende da carga de traballo de rexistros e notarías”, segundo indica o Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería de Medio Rural.

A superficie afectada abrangue 740 hectáreas, que se distribúen en 2.705 fincas e 16.374 parcelas, pertencentes a 1.671 propietarios. O investimento en servizos técnicos suma 568.389,94 euros, mentres que en obras a cifra acadada foi de 2.459.485,54 euros.  

Infraestruturas Agrarias engade que esta ZCP, na actualidade, se atopa rematada administrativamente e con todos os investimentos necesarios efectuados; “e non existen problemas orzamentarios nin administrativos que ralenticen o proceso, toda vez que os trámites de notario e rexistro non dependen de ningunha actuación desta Administración”.  

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca a “absoluta normalidade” dun proceso, como o de toda concentración parcelaria, que “sempre é laborioso e complexo”, ao tempo que rexeita “calquera tipo de retraso ou dilación”. Aínda a documentación, agrega Amor, debe volver á Consellería e regresar novamente á Notaría para a correspondente sinatura de cada título e posterior envío ao Rexistro da Propiedade de Negreira para a súa inscrición.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Achacan a las notarías las demoras en la parcelaria Biduído-Bugallido II"