Pestanas principais

O Concello de Ames informa da entrada en vigor das restricións para fumar en espazos públicos

Xoves, 13 de agosto de 2020

A Consellería de Sanidade, en data 12 de agosto de 2020, publicou a Orde sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. A Orde dispón que “no caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas”.

Dende a pasada medianoite non se pode fumar na rúa ou nos espazos ao aire libre, incluidas terrazas, se non se pode garantir o mantemento da distancia de dous metros entre persoas. A prohibición é para aqueles lugares ou momentos nos que non se poda manter ese distanciamento social. O Concello de Ames apela, novamente, á responsbilidade da veciñanza en aras de seguir cumplindo coa normativa vixente para minimizar o risco de contaxios pola Covid-19.

cartel_tabaco