Pestanas principais

O Concello de Ames garda un minuto de silencio polo atentado na cidade de Manchester

Martes, 23 de maio de 2017

[23-05-2017] O Concello de Ames realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa do atentado que ocorreu a pasada noite na cidade inglesa de Manchester. A atentado foi provocado por un terrorista suicida que fixo estoupar un artefacto explosivo xunto ao recinto de espectáculos Manchester Area.

Os membros da corporación municipal e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ante o atentado terrorista que ocorreu onte pola noite no recinto de espectáculos Manchester Area. Un terrorista suicida provocou a morte de 22 persoas, entre elas hai nenos e nenas falecidos, ao facer explotar un artefacto de fabricación caseira. Ademais, hai unhas 59 persoas feridas. O goberno municipal expresa a súa firme condena ante este novo acto terrorista.