- Tematica
Con motivo do devastador incendio que o pasado xoves deixou en Valencia unha dramática cifra de falecidos, feridos e persoas afectadas pola perda dos seus fogares, o Concello de Ames convocou para hoxe luns, 26 de febreiro, ás 12.00 horas, un minuto de silencio diante da Casa do Concello, como mostra de solidariedade con todas as persoas afectadas.
O Concello de Ames sumouse á convocatoria feita o pasado venres pola Federación Española de Municipios e Provincias para que Concellos e Deputacións gardasen un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas no incendio de Valencia.
Deste xeito, esa mañá realizouse unha concentración para renderlle unha pequena homenaxe e mostrar o pesar polas persoas falecidas, e como mostra de solidariedade coas familias das vítimas e con todas as persoas feridas. Neste acto participaron membros da Corporación e persoal municipal.
Dende o Concello de Ames trasládase unha mensaxe de solidariedade coas familias das vítimas, así como coas persoas feridas e cos afectados por este grave incendio. Tamén se expresa o máximo recoñecemento ao traballo desempeñado polos equipos de extinción e de emerxencias ante este dramático suceso.





