Pestanas principais

O Concello de Ames garda un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

Luns, 19 de xaneiro de 2026

O Concello de Ames sumouse a convocatoria da FEMP e FEGAMP, para gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do terrible accidente de ferrocarril sucedido onte domingo en Adamuz (Córdoba), como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as súas familias, á vez que agradece o labor realizada por todos os servizos médicos e de emerxencia neste dramático suceso.

O Concello de Ames sumouse á convocatoria feita pola FEMP e FEGAMP para que Concellos e Deputacións gardasen un minuto de silencio en memoria das vítimas mortais, os feridos e as súas familias, no tráxico accidente de ferrocarril sucedido onte domingo en Adamuz (Córdoba).

Deste xeito, esa mañá realizouse unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das das Oficinas de Servizos Sociais do Milladoiro, para renderlle unha pequena homenaxe e mostrar o pesar polas persoas falecidas, e como mostra de solidariedade coas familias das vítimas e con todas as persoas feridas. Neste acto participaron membros da Corporación e persoal municipal.

A primeira tenente de Alcaldía, Susana Señorís, desculpou a ausencia do alcalde, Blas García, que non puido asistir por motivos de saúde. Señorís trasladou unha mensaxe de solidariedade coas familias das vítimas, así como coas persoas feridas e cos afectados por este grave accidente de trens. Tamén expresou o máximo recoñecemento ao traballo desempeñado polos equipos médicos e de emerxencia neste dramático suceso.

Novas relacionadas

Xornal de Compostela: "O Concello de Ames garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Adamuz"

 

O Concello de Ames garda un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz