Pestanas principais

O Concello de Ames garante o servizo de monitoraxe dos comedores escolares para o vindeiro curso

Mércores, 03 de setembro de 2014

[03-09-2014] O Concello de Ames reafirmase en que o servizo de monitoraxe da Rede Municipal de Comedores Escolares está garantido para o vindeiro curso 2014 -2015 nas mesmas condicións que se ofreceu ata o de agora. Para iso, os servizos técnicos do Concello de Ames están articulando un contrato administrativo para dar cobertura a este servizo a partir do día 10 de setembro. Ademais, de maneira inmediata iniciarase un novo proceso de licitación para que se poida adxudicar este servizo antes de final de ano.

O Goberno municipal de Ames está traballando xunto cos servizos técnicos do Concello para que o servizo da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames, un dos servizos municipais máis importantes, comece a funcionar con total normalidade o vindeiro mércores, 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015.

Debido a iso, os servizos técnicos do Concello de Ames están articulando un contrato administrativo para dar cobertura a este servizo a partir do día 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015. Ademais, de maneira inmediata iniciarase un novo proceso de licitación para que se poida adxudicar este servizo antes de final de ano.

Por outra banda, o pasado luns, 8 de setembro, o Goberno municipal informou dos trámites feitos respecto ao servizo de monitoraxe da Rede Municipal de Comedores Escolares ás ANPAS e aos concelleiros/as da oposición. Nos vindeiros días volverá a dar conta, tanto ás ANPAS coma á oposición, das últimas xestións realizadas sobre este terma.

Reunión coa presidenta do Comité de Empresa
Asemade, na mañá de hoxe o Goberno municipal mantivo unha reunión coa presidenta do Comité de Empresa da anterior concesionaria deste servizo, Ágora Aberta, para informar sobre como está a situación do monitoraxe dos comedores Escolares e “tranquilizar aos traballadores”.

Respecto das afirmacións vertidas polos concelleiros/as da oposición o alcalde de Ames, Santiago Amor, indica que “este goberno traballa para evitar situacións de precariedade no servizo de comedores escolares, que houbo ata o ano 2008 e que foron responsabilidade tanto do PSOE coma do BNG, cando era concelleira Pilar Candocia, que mantiñan o servizo sen a correspondente cobertura contractual, como xa foi denunciado no seu momento”.

Santiago Amor, engade que “por iso resulta paradóxico que se critique un procedemento que quedou deserto cando antes, na época do bipartito do PSOE e BNG, nin sequera o había. Por elo, creo que os concelleiros/as da oposición deberían deixar de crear alarmismo entre a veciñanza amiense”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Amor ultima un contrato administrativo para los comedores escolares"
El Correo Gallego: "Moar reúnese co comité de comedores para tranquilizar ós traballadores"