Pestanas principais

O Concello de Ames expón ata o día 10 de setembro o censo electoral

Martes, 04 de setembro de 2012

[04-09-2012] O Concello de Ames pon á disposición dos seus veciños e veciñas, o censo electoral para a consulta e reclamación, nun período que comezou o día 3 de setembro e remata o 10 deste mesmo mes. Así os e as amienses poderán consultar o listado e emendar calquera erro que poida haber no censo electoral durante os días de exposición. Para poder realizar unha consulta ou reclamación hai que achegar o DNI, o Pasaporte ou o permiso de conducir. O teléfono de consulta da Oficina do Censo Electoral é o 901 101 900. Durante o período de revisión dos datos do censo electoral ampliarase o horario de atención ao público para posibles consultas e reclamacións.

Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o próximo 21 de outubro de 2012, o Concello de Ames fai público o censo electoral que estará exposto ao público para que os e as amienses realicen as consultas e reclamacións pertinentes.

O Concello de Ames informa de que, durante o período de revisión dos datos do censo electoral, ampliarase o horario de atención ao público para posibles consultas e reclamacións. Este período abarca dende o luns 3 ao luns 10 de setembro, ambos inclusive.

O horario de atención ao público durante estas xornadas será das 9:00 ás 14:00 horas e das 17:00 a 19:00 horas dende o luns 3 de setembro ata o venres 7 do mesmo mes; o sábado 8 e o domingo 9 o Concello abrirá de 10:00 a 14:00 horas e o luns día 10 (último día de exposición) o censo estará exposto de 9:00 a 14:00 horas. O lugar de exposición son as oficinas Municipais de Bertamiráns, situadas na praza do Concello, e a oficina do Milladoiro, que se atopa na rúa de Abaixo, número 10.

É importante que vaian a revisar as listas do censo todas aquelas persoas que cumpriran a maioría de idade dende o pasado 20 de novembro de 2011, cando foron as últimas eleccións, pois para esas persoas é a primeira vez que optan a exercer o seu dereito ao voto. Así, todas as persoas que desexen facer algún tipo de reclamación deberán presentar o seu DNI, Pasaporte ou permiso de conducir.

Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a exposición pública do censo electoral.