Pestanas principais

O Concello de Ames executa os traballos de poda na carballeira do CEP de Ventín

Luns, 24 de marzo de 2014

[24-03-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, contratou os traballos de poda que se desenvolveron durante esta fin de semana na carballeira do CEP de Ventín. Realizouse unha poda en altura dos carballos co fin de acodicionar esta área de xogo que emprega o alumnado deste centro de ensino. O concelleiro de Educación, Bernardo Moar, achegouse este luns pola mañá ata este centro de ensino, para ver de primeira man como quedaron os carballos de Ventín. Alí puido falar cun dos operarios da empresa que realizou os traballos e tamén estivo co director do CEP de Ventín, Alfredo Rodríguez.

Aproveitando o bo tempo do mes de marzo o Concello de Ames contratou os traballos de poda dos carballos que se atopan na carballeira do CEP de Ventín. Para executar estes traballos era necesario que deixara de chover unhas semanas para que os operarios puidesen entrar na carballeira coa plataforma que utilizaron para desesvolver as labores de poda. Deste xeito, tanto este sábado coma o domingo realizáronse estes traballos que xa estaban previstos dende hai tempo.

Os operarios realizaron traballos de poda en altura co obxectivo de acondicionar este espacio de xogo que emprega o alumnado deste centro de ensino. Nesta zona existen preto de vinte carballos que teñen un alto valor ambiental. Para acondicionar as árbores desta carballeira cortáronse as polas que estaban mortas e elimináronse algunhas ramas que provocaban importantes zonas de sombra.

O concelleiro de Educación, Bernardo Moar, explicou que “de cara ao verán está previsto volver a sementar a capa de herba que tiña esta carballeira e para iso era necesario recortar as polas dos carballos. As ramas dos carballos provocaban importantes zonas de sombra, que non son nada beneficiosas para a plantación e recuperación da capa herbácea”.

Esta mañá o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, achegouse ata a carballeira do CEP de Ventín para ver como quedaron os traballos de poda realizados esta fin de semana. Alí puido falar cun dos operarios que realizaron estas traballos, que estaba retirando da parcela da carballeira as polas cortadas das árbores. Bernardo Moar tamén estivo co director do centro educativo, Alfredo Rodríguez.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Comienza la recuperación de la carballeira de Ventín"