- Tematica
O Concello de Ames solicitou á Augas de Galicia a autorización para realizar unha actuación provisional na presa da Ponte Maceira para intentar elevar a lámina de auga para que a captación non se vexa afectada. Trátase dunha actuación provisional que executaría o Concello de Ames recolocando as pedras de dita presa, á espera de que Augas de Galicia execute dita actuación valorada aproximadamente en 400.000 euros. É unha medida transitoria debido á situación de prealerta por seca na que se atopa o concello de Ames.
Desde o Concello de Ames e Augas de Ames EPEL, entidade pública municipal que xestiona o Ciclo Integral da Auga, están estudando a viabilidade do arranxo provisional da presa da Ponte Maceira, para tratar de minimizar a perda de auga neste punto do río Tambre.
Trátase dunha actuación provisional que executaría o Concello de Ames recolocando as pedras de dita presa, á espera de que Augas de Galicia execute a actuación definitiva xa proxectada no seu día e valorada aproximadamente en 400.000 euros. Esta sería unha medida transitoria debido á situación de prealerta por seca na que se atopa o concello de Ames.
Esta mañá técnicos de Augas de Galicia achegáronse ata A Ponte Maceira onde estiveron revisando a presa do río Tambre situada neste lugar. Por parte do Concello de Ames asistiron a primeira tenente de alcalde, Susana Señorís; a xerente de Augas de Ames, Genma Otero; o técnico municipal do ciclo integral da auga, Esteban de la Fuente; a enxeñeira xefa de Augas de Ames, Verónica Castro; e o responsable da Brigada municipal de obras, Juan Calvo.
A tenente de alcalde, Susana Señorís, explica que “esta actuación ten unha especial relevancia ante a situación actual de prealerta por seca na que se atopa o concello de Ames. O enxeñeiro de Augas de Galicia trasladounos que pediron autorización a Patrimonio para poder executar dita actuación, e agora estamos á espera de que Patrimonio dea unha contestación sobre este asunto. Hai que ter en conta que A Ponte Maceira é un Ben de Interese Cultural (BIC), polo que é importante a autorización de Patrimonio. Se dispoñemos de autorización haberá que estudar a viabilidade da actuación, aínda que en principio vemos que ten certa complexidade”.
Por outra banda, a xerente de Augas de Ames, Genma Otero, indica que “a situación da localización da rotura da presa está nun lugar de difícil acceso e haberá que poñerse en contacto con empresas que realicen traballos con grúas e maquinaria pesada, para dispor de toda a información contrastada e que nos indiquen as distintas alternativas de actuación para poder actuar na presa”.
Genma Otero reitera que “esta sería unha medida provisional e cando teñamos toda a información necesaria e os permisos pertinentes estudarase a viabilidade da actuación e tomarase a decisión, sen esquecer que sería preciso o arranxo que garanta a reparación definitiva da presa por parte de Augas de Galicia, debido a afección que ten na captación de auga para o noso concello, e seguimos demandando que se faga o antes posible”.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Patrimonio tendrá la última palabra en la reparación provisional de la presa de A Ponte Maceira"
La Voz de Galicia: "Ames tendrá que esperar permiso de Patrimonio para un arreglo complejo y transitorio en A Ponte Maceira"
Bisbarra: "O Concello de Ames estuda a viabilidade do arranxo provisional da presa da Ponte Maceira"










