Pestanas principais

O Concello de Ames está repintando os pasos de peóns de varias rúas do Milladoiro

Mércores, 29 de agosto de 2012

[29-08-2012] O Concello de Ames comezou está semana a repintar os pasos de peóns de varias rúas do Milladoiro. Trátase dunha primeira actuación para mellorar as marcas viarias dos pasos de peóns que hai nesta localidade. Os traballos estanse realizando nos pasos de peóns das rúas Agro do Medio, Agro da Madalena e Cereixos. Ademais, estas actuacións tamén comprenden o cruce de Agro do Medio coas rúas Pardiñeiros e Curuxa. As marcas viarias coma os pasos de peóns son claves para garantir a seguridade da cidadanía que circulan a pé ou nos seus vehículos. Debido a iso estanse desenvolvendo estes traballos que teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria na localidade do Milladoiro.

Nos últimos meses, o Concello de Ames detectou unha notable deterioración do estado dos pasos de peóns que existen no Milladoiro, e, por este motivo, a Concellaría de Vías e Obras tomou a iniciativa de repintar estas marcas viarias.

A través desta iniciativa vaise mellorar a seguridade viaria en zonas que teñen un maior tránsito de peóns como son as rúas onde se atopa situado o centro de saúde, situado en Agro do Medio, ou a oficina de Correos, que se atopa situado na rúa Agro da Madalena. Tamén se repintaron aqueles pasos de peóns polos que camiñan os nenos e nenas que acoden a Escola Infantil do Milladoiro.

Os traballos estanse realizando nos pasos de peóns das rúas Agro do Medio, Agro da Madalena e Cereixos. Ademais, estas actuacións tamén comprenden o cruce de Agro do Medio coas rúas Pardiñeiros e Curuxa. A empresa encargada de repintar os pasos de peóns está empregando pintura acrílica de larga duración e alta resistencia con banda de parada. Tamén se están repintando algunhas sinais horizontais. Os traballos comezaron o pasado luns, día 27 de agosto, e prevese que se desenvolvan ao longo desta semana.

O Concelleiro de Vías e Obras, Alfredo Taboada, explicou que "estes traballos encádranse nunha primeira actuación para acondicionar a sinalización horizontal, que dará paso a máis medidas desta índole para acondicionar toda a sinalización do Concello, non soamente no núcleo urbano do Milladoiro".



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames repinta os pasos de peóns de varias rúas do Milladoiro"