Pestanas principais

O Concello de Ames está elaborando unha auditoría enerxética e da rede eléctrica para fomentar un aforro sostible

Mércores, 08 de xullo de 2015

[08-07-2015] Esta semana o alcalde de Ames, José Miñones, mantivo unha xuntanza con representantes da empresa que está realizando un estudo sobre a eficiencia enerxética e da rede eléctrica para fomentar un aforro sostible. Ademais, estase realizando un estudo sobre a seguridade da devandita rede e unha auditoría de facturas. A vindeira semana farase a presentación deste estudo, que se realizou no Milladoiro e en Bertamiráns, e que xa comezou a desenvolverse na zona rural do municipio.

A través deste estudo o goberno municipal pretende mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións de alumeado público e mellorar a calidade da iluminación existente. O traballo de estudo feito ata este momento amosa que existen deficiencias na seguridade e existe a posibilidade de mellora enerxética do 100% da rede eléctrica municipal.

Concretamente, o traballo que se está desenvolvendo consiste na realizando dunha auditoría sobre a eficiencia enerxética e da rede eléctrica para fomentar un aforro sostible. Ademais, estase realizando un estudo sobre a seguridade da devandita rede e unha auditoría de facturas.

Por outra banda, a próxima semana está previsto que se faga a presentación deste estudo, que se realizou no Milladoiro e en Bertamiráns, e que xa comezou a desenvolverse na zona rural do municipio. Esta última parte tardará entre dous e tres meses en rematarse.

Segundo explica o alcalde de Ames, José Miñones, “unha vez rematemos a auditoría comezaremos os traballos para mellorar a rede eléctrica municipal, e dar así cumprimento a un dos puntos do acordo de investidura asinado entre as forzas de esquerda de Ames”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Una auditoría eléctrica desvela problemas de seguridad en la red"
El Correo Gallego: "Ames realiza una auditoría para el ahorro energético"