[26-06-2013] A semana pasada desmontouse a pérgola que está situada na praza de Chavián, en Bertamiráns, por un problema de seguridade na súa estrutura que podía poñer en perigo tanto aos nenos/as coma aos adultos que xogan e pasean por este lugar. Os traballos que se realizaron consistiron en desmontar completamente a estrutura da pérgola. Desmontáronse todas as vigas de madeira por estar rotas e podres. Agora, realizarase unha valoración dos elementos estruturais que hai que arranxar e aqueles outros que hai que substituír.

Os operarios da empresa Carpintería O Peto estiveron desmontando a semana pasada a pérgola que está situada na praza de Chavián, en Bertamiráns. O Concello de Ames, a través da concellaría de Obras, decidiu arranxar a pérgola desta praza porque presentaba un problema de seguridade na súa estrutura. Isto supoñía un claro perigo para os nenos e nenas que xogan todos os días nesta praza, así coma para os pais/nais que están coidando os seus fillos/as.
Nunha primeira revisión detectouse que algunhas das vigas da estrutura tiñan as cabezas podres o que supoñía un claro risco de derrubamento. As inclemencias meteorolóxicas e a falta dun correcto mantemento provocou o deterioro de varios elementos da estrutura. Os principais elementos afectados son as vigas, as correas e aos piares, todos eles son fundamentais para que a estrutura da pérgola teña un correcto apoio. A pérgola rematouse de desmontar completamente o pasado venres 21 de xuño.
Despois de rematar estes traballos estase facendo unha revisión de todos os seus elementos estruturais. Trala revisión haberá que valorar que elementos se poden arranxar e aqueles que hai que substituír.




