[23-01-2012] O Concello de Ames ven de elaborar un novo regulamento para a adquisición das entradas para as sesións de teatro que se levan a cabo nas casas da cultura de Bertamiráns e Milladoiro. A Concellería de Cultura ofrece a toda a veciñanza amiense unha ampla programación teatral para todos os públicos. Durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio e xuño a veciñanza amiense poderá gozar de catorce representacións repartidas entre a Casa da Cultura do Milladoiro e a de Bertamiráns. Debido a que as sesións teatrais están tento moi boa acollida nos últimos tempos, e a que en ocasións os salóns de acto se quedan curtos, o Concello decidiu levar a cabo este regulamento de entradas para favorecer a adquisición das mesmas por parte do público en xeral.
A nova normativa contempla a reserva anticipada de entradas ata o 70% do aforo dos auditorios durante a semana que haxa representación dende o luns ao venres ás 14.00horas. Dita reserva poderase facer por teléfono no número 981535940 ou enviando un correo electrónico á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función 30 minutos antes de abrir a taquilla que como ben sendo habitual abrirá 30 minutos antes da representación.
Poñemos un exemplo: a taquilla estará aberta para as persoas que reservaron a entrada por teléfono ou vía correo electrónico de 20:00 a 20:30 para as obras que comezan ás 21:00 e de 20.30 a 21.00 horas poderán coller as entradas as persoas que decidan mercalas o mesmo día. É dicir as entradas reservadas terán que ser recollidas entre 60 e 30 minutos antes da representación.
As entradas que non se recollan no horario establecido serán postas á venda no horario de taquilla habitual. O límite de entradas é de 4 como máximo por persoa tanto para as persoas que o recollan en horario habitual como para as que fagan reserva anticipada.
Entre as novidades que afectan a programación de teatro do ano 2012 tamén destaca que as obras para público infantil pasarán de ser os domingos pola tarde aos venres ás 18.30 horas.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Ames regula el acceso a las entradas del programa teatral para evitar colapsos"




