[13-02-2012] Con motivo de futuras organizacións de eventos, a Concellaría de Cultura está elaborando un censo de grupos e profesionais da música (representantes, intérpretes, grupos musicais, etc) que teñan a súa residencia ou o seu domicilio social no Concello de Ames. Aqueles grupos ou persoas que estean interesadas en figurar no devandito censo, deberán facilitar os seu datos contactando coa Concellaría de Cultura a través do correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.org ou chamando aos números de teléfono 981 884 991, 662 377 042, 662 377 017.
O Concello de Ames conta cun importante tecido asociativo tanto no ámbito cultural como no eido empresarial. Dende a Concellaría de Cultura estase intentando darlle un pulo aos grupos musicais e profesionais da música amienses. Para iso, xa se organizaron diversas actividades e concertos nos que participaron artistas do concello como foi o concerto que ofreceron na Casa da Cultura do Milladoiro os grupos Drexandrex e The Black Kimballs.
A través desta iniciativa o Concello de Ames pretende achegar a música en directo á veciñanza amiense. Ademais, a estes grupos sérvelles de promoción e axuda para darse a coñecer. Estes grupos amienses teñen a oportunidade de presentar os seus últimos temas en directo ante o seus veciños e veciñas.
Agora, o Concello de Ames dá un paso máis coa creación dun censo de grupos e profesionais da música amienses co obxectivo de organizar novos eventos nos que participen estes grupos musicais. O censo estará composto por grupos e profesionais da música (representantes, intérpretes, grupos musicais, etc) que teñan a súa residencia ou o seu domicilio social no Concello de Ames.
Aqueles grupos ou persoas que estean interesadas en figurar no devandito censo, deberán facilitar os seu datos contactando coa Concellaría de Cultura a través do correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.org ou chamando aos números de teléfono 981 884 991, 662 377 042, 662 377 017.