Martes, 14 de febreiro de 2012
[14-02-2012] Con motivo de futuras organizacións de eventos, a Concellaría de Cultura está elaborando un censo de grupos e profesionais da música (representantes, intérpretes, grupos musicais, etc) que teñan a súa residencia ou o seu domicilio social no Concello de Ames. Aqueles grupos ou persoas que estean interesadas en figurar no devandito censo, deberán facilitar os seu datos contactando coa Concellaría de Cultura a través do correo electrónico administracion.cultura@concellodeames.org ou chamando aos números de teléfono 981 884 991, 662 377 042, 662 377 017.




