Pestanas principais

O Concello de Ames e a Policía Nacional habilitan este xoves 17 un espazo para expedir ou renovar DNIs

Xoves, 10 de marzo de 2022

Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co fin de facilitar a renovación ou a expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI) á veciñanza. Neste senso, estarán o próximo xoves 17 de marzo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, de 9:00 a 12:00 horas, con 70 citas dispoñibles. A xente interesada en asistir a renovar ou retirar o seu DNI debe escribir ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal ou chamar ao 881 074 730, aportando nome e apelidos, número de DNI en caso de renovación e un teléfono de contacto.

Con esta colaboración entre Policía Nacional e Concello, a renovación ou a expedición do DNI farase máis sinxela para a veciñanza, que habitualmente ten que desprazarse ata as dependencias da Policía en Santiago de Compostela para realizar este trámite. Deste xeito, poderase tanto renovar o DNI como expedir un novo.

No caso de querer renovar o documento de identidade, terase que abonar unha taxa de 12 euros en metálico, polo que se recomenda levar a cantidade exacta. Haberá que levar fotografías recentes e, no caso de ter cambiado de enderezo, aportar volante de empadroamento.

Se ben se opta por expedir un novo DNI, haberá que levar volante de empadroamento e unha partida de nacemento literal. No caso de que se vaia expedir o primeiro documento de identidade dun neno ou dunha nena, pídese que saian nas fotos cos ollos abertos.

As persoas interesadas en renovar ou retirar o seu DNI deben enviar un correo ao enderezo electrónico gabinete@concellodeames.gal, ou ben chamar ao 881 074 730. Deberán indicar nome e apelidos, número de DNI en caso de renovación e un teléfono de contacto. Haberá 70 citas que se repartirán por orde de chegada da solicitude.

Novas relacionadas

Compostela 24 Horas: "Ames e a Policía Nacional habilitan este xoves 17 un espazo para expedir ou renovar DNIs"

O Concello de Ames e a Policía Nacional habilitan este xoves 17 un espazo para expedir ou renovar DNIs