Pestanas principais

O Concello de Ames e o seu presidente, Santiago Amor, expresan o pesar polo pasamento do compañeiro de corporación Alfonso Rey López

Luns, 23 de febreiro de 2015

[23-02-2015] Alfonso Rey López, concelleiro da corporación municipal, faleceu o sábado tras enfrontarse durante meses a unha enfermidade. Os seus restos foron trasladados ao tanatorio de Bertamiráns, dende onde partirán esta tarde, ás 16:00 horas, cara a igrexa parroquial de Santa María de Biduído.

Rey López ostentou as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio dende xuño de 2011 ata abril de  2012. Ademais de político, foi profesor de Lingua Galega no Colexio Alca de Biduído. 

O Concello de Ames e o seu presidente, Santiago Amor, expresan o pesar polo pasamento deste compañeiro de corporación.