[04-02-2019] O Concello de Ames vén de executar dous proxectos no lugar de Sura, pertencente á parroquia da Ameixenda, para dotar de rede de saneamento á veciñanza desta aldea amesá, así como mellorou o alumeado público, que consistiu na substitución de 16 puntos de luz, de vapor mercurio de 80 vatios por luminarias LED de 30 vatios. Nestas actuación investíronse preto de 23.000 euros. Estes proxectos foron executado con fondos propios municipais e dentro das partidas destinadas a saneamento e abastecemento.
O Concello de Ames realizou durante as últimas semanas un obra no lugar de sura, pertencente á parroquia da Ameixenda, para dotar de saneamento á veciñanza deste lugar amesá. As obras consistiron na execución dun colector de saneamento no núcleo de Sura que desembocan na fosa séptica de nova implantación. Asemade, realizouse a canalización cos correspondestes pozos e procedeuse ao traslado dun muro para facilitar o acceso á fosa e así realizar axeitadamente as labores de mantemento.
Deste xeito, evítase que a auga residual procedente das vivendas do lugar de Sura acabasen nas fosas sépticas privadas e nalgúns casos ao non ser tratadas correctamente, se vertesen directamente ao medio en malas condicións. A través desta obra corrixiuse esta situación e creouse un novo tramo de rede saneamento no rural de Ames, de tal xeito que os vertidos de ditas vivendas serán recollidos por un novo colector que os conducirá a unha fosa séptica, onde se depurarán adecuadamente. En dita obra investíronse 21.275 euros.
A semana pasada o alcalde de Ames, Jose Miñones, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e maila concelleira de Participación e Atención Veciña, Isabel González, estiveron no lugar de Sura, para ver as obras de saneamento que se realizaron e no que se vai a poder conectar a totalidade da cidadanía do lugar; e, tamén comprobaron a nova iluminación co cambio das farolas led que se colocaron.
O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, indica que “coa execución deste proxecto mellórase a calidade de vida dos veciños e veciñas desta aldea, así como as condicións sanitaria e medioambientais , ao permitir que as augas residuais sexan canalizadas á fosa correspondente, mellorando a depuración das mesmas”.
Asemade, no lugar de Sura executouse unha actuación para a mellora do alumeado público, que consistiu na substitución de puntos de luz de vapor mercurio de 80 vatios por luminarias LED de 30 vatios. A través de dita actuación, que tivo un custo aproximado de 1.600 euros, realizouse o cambio de luminarias 16 farolas. Estes proxectos foron executado con fondos propios municipais e dentro das partidas destinadas a saneamento e abastecemento.


Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Sura, en Ames, mejora la red de saneamiento y alumbrado led"
El Correo Gallego: "Mejoran las luminarias y red de alcantarillado en Sura"
Lindeiros: "Ames dota de saneamento e mellora o alumeado de Sura, na Ameixenda"
Compostela 24 horas: "O Concello de Ames dota de saneamento e mellora o alumeado público do lugar de Sura, na Ameixenda"




