[22-10-2018] O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, solicitou unha subvención para a subministración de estufas de pellets para os locais sociais de Trasmonte e Biduído. Dita axuda foi concedida para a realización de proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Neste proxecto investíronse 12.714,46 euros, dos cales 7.705,45 euros, foron concedidos a través de ditas axudas, mentres que a Administración local puxo o importe restante, 5.009,01 euros.
O Concello de Ames vén apostando nos últimos anos polo uso das enerxías renovables. Seguindo está liña de traballo, participou na convocatoria de axudas para a realización de proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, Dentro desta convocatoria de subvencións o Concello de Ames recibiu 7.705,45 euros.
Dita contía foi destinada á realización do proxecto que incluíu a posta en funcionamento de dúas estufas de pellets e cheminea de aceiro inoxidable de dobre parede no local social de Trasmonte e unha estufa de pellets, por auga e cheminea de aceiro inoxidable de dobre parede, no local social de Biduído. Neste proxecto investíronse 12.714,46 euros, dos cales 7.705,45 euros foron concedidos a través de ditas axudas, mentres que a Administración local puxo o importe restante, 5.009,01 euros. As obras de dito proxectos foron executadas pola empresa servizo á Antonio Pena S.L.




