Pestanas principais

O Concello de Ames destinou máis de 200.000 euros a reparacións e mellora das instalacións dos centros educativos públicos

Sábado, 26 de maio de 2018

[26-05-2018] A Concellaría de Educación e Cultura vén de facer balance do investimento feito no período que vai dende novembro de 2016 a decembro de 2017 en diversas obras de reparación e mellora das instalacións dos centros educativos públicos do concello de Ames. En total investíronse 211.381,15 euros para traballos de albanelería, carpintería, fontanería, electricidade, limpeza, seguridade ou xardinería, entre outros. As contías de investimentos e as obras realizadas están recollidas nun informe anual que recompila os datos de 12 meses.


As actuacións realizáronse nun total de 11 centros educativos: nas 4 escolas infantís (2 municipais e outras 2 pertencentes á Rede da Galiña Azul da Xunta de Galicia), na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, no CEP de Ventín, nos CEIP de Barouta, A Maía e Agro do Muíño, así como nas escolas unitarias da Igrexa (na Tarroeira) e de Covas. No caso do ensino secundario este tipo de custos son asumidos directamente pola Xunta de Galicia.

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, destaca que “Ames é o concello galego que maior porcentaxe dedica nos orzamentos municipais á área de Educación, que no seu conxunto acada o 18%. Os traballos de mantemento, reparacións e suministros ascenderon o pasado ano a máis de 200.000 euros, repartidos en once centros escolares. Realizouse unha aposta importante polas dúas escolas unitarias e actuacións necesarias para a mellora da calidade educativa e os espazos de convivencia”.

Durante o período que vai de novembro de 2016 a decembro de 2017 investíronse 211.381,15 euros en diversas obras de reparación e mellora das instalacións dos centros educativos públicos do concello de Ames. Así, nos centros de de educación infantil e primaria e escolas unitarias (CEP de Ventín, os CEIP de Barouta, A Maía e Agro do Muíño, a Escola de Educación Infantil do Milladoiro e as unitarias de Covas e A Tarroeira) investíronse 94.907,34 euros. Nas 4 escolas infantís, 2 municipais (O Bosque e A Madalena) e outras 2 pertencentes á Rede da Galiña Azul da Xunta de Galicia (Figueiras no Milladoiro e Ames en Bertamiráns) a inversión foi de 116.473,81 euros.

Os traballos que se desenvolveron ao longo do período que vai de novembro de 2016 a decembro de 2017 incluíron traballos de albanelería, pinturas e pavimentos, electricidade, fontanería, carpintería de madeira, aluminio e metálica, instalacións de seguridade contra incendios e de alarma de roubo, instalacións de calefacción de gasóleo e de gas e de climatización, xardinaría e xogos exteriores e areeiros.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames destinou 200.000 € a mellorar as instalacións dos centros de ensino"