[15-05-2012] Na xornada de hoxe, martes 15 de maio, celebrase en todo o mundo o Día da Familia, unha data instituída pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en setembro de 1993.
Con motivo desta celebración, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, quere subliñar “o papel da familia como unidade básica da sociedade e a súa incuestionable incidencia no desenvolvemento do ser humano”.
O Concello de Ames, que traballa directamente coas familias do municipio, vén realizando nos últimos meses un importante traballo en favor das familias, especialmente que están sufrindo máis duramente as consecuencias do actual contexto económico. Por esta razón, o Concello de Ames quere incidir na necesidade de “pensar nas familias como un elemento integrador nestes momentos de crise económica”.




