Martes, 22 de decembro de 2015
[22-12-2015] A corporación municipal do Concello de Ames quere desexarlle a todos os amesáns e amesás unhas boas festas e un próspero Aninovo. O goberno municipal elixiu un texto de Yohanna Carvajal, alumna do obradoiro de lingua e cultura galega, En galego, co teu acento, para acompañar á postal de felicitación destas festas de Nadal de 2015.

Deseño a miña nova vida,
levando os meus días,
de luns a luns,
a tempo para organizar unha nova historia,
chuvia de ideas,
nova construción
lista para emprender
tempestades de ilusións.




