Pestanas principais

O Concello de Ames deséxache un bo Nadal e un ventureiro 2021

Mércores, 23 de decembro de 2020

O Concello de Ames quere desexarlle a todas as veciñas e veciños unhas boas festas de Nadal e un feliz 2021. Ademais, lembra que neste Nadal pódense agasallar detalles mercados no comercio local, saborear os produtos da nosa hostalería, e darlle vida ao concello de Ames participando, sempre con precaución, nas actividade organizadas na programación “Un Nadal diferente”.

Deixamos atrás un ano complexo, no que a saúde e os afectos foron o eixo central das nosas vidas. Un ano que nos deixou importantes aprendizaxes, entre as que destaca saber que dependemos das persoas que nos rodean. Non podemos cambiar a realidade, pero si que podemos despregar toda a creatividade e empatía coa nosa veciñanza e facer que este sexa un Nadal máis humano. 

O alcalde de Ames, Jose Miñones, aproveita para mandar unha felicitación a toda a veciñanza. “Un ano máis é un pracer poder felicitar estas datas de Nadal, e nesta ocasión aínda de xeito máis especial, tendo en conta o complexo ano que vimos e seguimos a estar atravesando dende que no mes de marzo as nosas vidas mudasen totalmente a causa dunha pandemia que aínda está entre nós. Foi, para todas e todos, un ano moi difícil, tanto nas nosas vidas como na xestión da nosa Administración local, un ano que nos fixo entender o importante que é a saúde e a liberdade de movemento”.

“A sabendas da dificultade vivida no día a día, agardo que o 2021 sexa un ano mellor que compense, con creces, o vivido neste ano que deixamos atrás e celebrar estas Festas coa precaución necesaria para poder seguir desfrutando no futuro dos nosos e das nosas. Gracias por tanta implicación que fai do noso un concello especial e acolledor. Como sempre, o mellor desexo; que nestas datas poidas desfrutar de todo o que Ames”.

 

Nadal 2020-21.