Pestanas principais

O Concello de Ames convoca unha concentración ás 12:00 horas diante da casa consistorial en sinal de condena polo acto de violencia de xénero que acabou coa vida de dúas mulleres en Cervo

Mércores, 15 de xaneiro de 2014

[15-01-2014] O Concello de Ames vén de convocar para hoxe, mércores 15 de xaneiro, ás 12:00 horas unha concentración en sinal de repulsa polo acto de violencia de xénero rexistrado onte no concello lugués de Cervo e que lle custou a vida a dúas mulleres.

Durante a concentración de condena deste acto de violencia de xénero, que terá lugar diante da casa consistorial, gardarase un minuto de silencio en recordo das dúas mulleres.