Pestanas principais

O Concello de Ames convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de técnicos/as en mocidade

Xoves, 02 de marzo de 2017

[02-03-2017] O Concello de Ames convocou un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de técnicos/as en mocidade e información xuvenil. As persoas que desexen participar nestes proceso selectivo poden presentar as súas solicitudes ata o día 7 de marzo (inclusive). As bases do proceso selectivo, o modelo de solicitude e a declaración xurada poden acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do servizo de recursos humanos, que está situada na Casa do Concello, ou accedendo á sección de convocatorias da web municipal.

O Concello de Ames publicou o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de técnicos/as en mocidade do Concello de Ames, cuxas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, número 35, o luns 20 de febreiro de 2017. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de marzo de 2017 (hai 10 días hábiles seguintes á publicación do anuncio da convocatoria no BOP).

O obxectivo é a creación de bolsas de traballo para a cobertura temporal deste tipo de postos que xurdan no Concello de Ames, con excepción das que por disposicións legais non poidan ser obxecto da mesma. Deste xeito, as persoas que pasen a formar destas bolsas de traballo cubrirán interinidades por substitucións de empregados/as, reforzos de servizo e outras contratacións temporais que se precisen para o bo funcionamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I (modelo de solicitude) das presentes bases, no rexistro xeral do Concello, en horario de atención ao público (de 9:00 a 14:00 horas), e no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP da Coruña.

Igualmente, ditas solicitudes tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Deste xeito, as persoas que desexen participar nestes procesos selectivos poden presentar as súas solicitudes ata o día 7 de marzo (inclusive).

Xunto ao modelo de solicitude haberá que presentar, debidamente cotexada/compulsada, unha fotocopia do DNI; unha fotocopia da titulación esixida; a declaración xurada; a relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos dos mesmo, e mailo xustificante de ter aboados os dereitos de exame. Os dereitos de exame ascenden á cantidade de 21,52 euros. As persoas discapacitadas deberán facelo constar nas súas instancias sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de discapacitado/a acreditarase coa certificación correspondente expedida polo órgano competente.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de técnicos/as en mocidade"