Pestanas principais

O Concello de Ames convoca procesos selectivos para a creación de bolsas de traballo de oficiais de albaneis, oficiais xardineiros e animadores/as á lectura

Mércores, 07 de decembro de 2016

[07-12-2016] O Concello de Ames acaba de convocar dous procesos selectivos para a creación de tres bolsas de traballo: unha de oficiais de albaneis, outra de oficiais xardineiros, e unha terceira de animadores/as á lectura para as Bibliotecas municipais de Ames. As persoas que desexen participar nestes procesos selectivos poden presentar as súas solicitudes ata o día 20 de decembro (inclusive). Os anuncios da convocatorias, as bases, o modelo de solicitude, a declaración xurada e o temario específico das bibliotecas municipais de Ames poden acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do servizo de recursos humanos, que está situada na Casa do Concello, ou accedendo á sección de convocatorias da web municipal.

A través destes procesos selectivos preténdese crear tres bolsas de traballo de oficiais de albaneis, oficiais xardineiros e animadores/as á lectura para as Bibliotecas municipais de Ames. O obxectivo é a creación de bolsas de traballo para a cobertura temporal deste tipo de postos que xurdan no Concello de Ames, con excepción das que por disposicións legais non poidan ser obxecto da mesma. Deste xeito, as persoas que pasen a formar destas bolsas de traballo cubrirán interinidades por substitucións de empregados/as, reforzos de servizo e outras contratacións temporais que se precisen para o bo funcionamento do departamento de infraestruturas, obras e servizos básicos, así como das bibliotecas municipais.

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I (modelo de solicitude) das presentes bases, no rexistro xeral do Concello, en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:00 horas), e no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP da Coruña. Igualmente, ditas solicitudes tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Deste xeito, as persoas que desexen participar nestes procesos selectivos poden presentar as súas solicitudes ata o día 20 de decembro (inclusive).

Xunto ao modelo de solicitude haberá que presentar, debidamente cotexadas, unha fotocopia do DNI; unha fotocopia da titulación esixida; a declaración xurada; a relación de méritos acompañada dos xustificantes acreditativos dos mesmo, o xustificante de ter aboados os dereitos de exame, e unha fotocopia do carné de conducir B (só para as persoas que se presenten aos postos de oficiais de albaneis e de oficiais xardineiro). As persoas discapacitadas deberán facelo constar nas súas instancias sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de discapacitado/a acreditarase coa certificación correspondente expedida polo órgano competente.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Crean bolsas de trabajo amienses para albañilería, jardinería y animación"
La Voz de Galicia: "Crean bolsas de trabajo para albañiles, jardineros y animadores a la lectura"