Pestanas principais

O Concello de Ames convoca hoxe ás 12:00 horas unha concentración diante da casa consistorial en sinal de repulsa pola última morte de violencia de xénero

Mércores, 26 de febreiro de 2014

[26-02-2014] O Concello de Ames convoca hoxe 26 de febreiro, ás 12:00 horas, unha concentración diante da casa consistorial en sinal de repulsa pola última morte de violencia de xénero que acabou coa vida dunha muller de Vilaboa. Durante a concentración, gardarase un minuto de silencio.Pregase que todas aquelas que non poidan achegarse ata a Casa do Concello, secunden esta concentración de repulsa nos seus centros de traballo.