Pestanas principais

O Concello de Ames convida á veciñanza a participar nos actos que se van realizar mañá con motivo do Día Mundial da Diabetes

Venres, 13 de novembro de 2015

[13-11-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, convida á veciñanza amesá a participar nos actos que se van a desenvolver este sábado, 14 de novembro, con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes. A Federación Galega de Asociacións de Diabéticos ten programado para mañá varias actividades. Ademais, o Concello, en colaboración con esta asociación, ten previsto realizar unha serie de charlas e obradoiros dentro da programación da Rede de Concellos Saudables.

O 14 de novembro é un día moi sinalado e importante para as persoas con diabetes. É o Día Mundial da Diabetes (DMD), unha doenza que non deixa de crecer e que en España xa padecen preto de 6 millóns de persoas. Debido a iso a dende a Federación Galega de Asociacións de Diabéticos van facer diferentes actos.

Un deles vai a consistir na colocación, na praza do Toural, en Santiago de Compostela, de dúas carpas (unha para realizar controis a todos os cidadáns que o desexen e outra para tomar imaxes da retina, e de xeito xeral do fondo do ollo, cunha cámara no midriática, para detectar e previr a retinopatía diabética.

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, explica que “dende o Concello convidamos aos veciños e veciñas que o desexen a participar nestes actos. Ademais, dentro da programación da Rede de Concellos Saudables temos previsto realizar diferentes charlas e obradoiros en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Diabéticos”.