Pestanas principais

O Concello de Ames convida á veciñanza a manifestar a súa repulsa ante o dobre atentado terrorista de Barcelona e Cambrils

Venres, 18 de agosto de 2017

[18-08-2017] O Concello de Ames fai un chamamento aos veciños e veciñas de Ames para que expresen a súa repulsa ante o dobre atentado perpetrado nas últimas horas en Barcelona e Cambrils. Deste xeito, convócase á veciñanza este venres, 18 de agosto, ás 12.00 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, ou nas Oficinas Municipais do Milladoiro, para manter un minuto de silencio como apoio aos familiares e as vítimas destes atentados.

Unha furgoneta atropelou onte pola tarde a decenas de persoas que paseaban pola zona peonil das Ramblas, un dos lugares máis concorridos e turísticos de Barcelona. Este suceso deixou varias persoas falecidas e máis dun cento de persoas feridas. Posteriormente, durante a madrugada deste venres outro vehículo entrou na localidade tarraconense de Cambrils coa intención tamén de atropelar a varios viandantes. Neste segundo atentado, polo menos, cinco persoas foron feridas.