[27-04-2015] O Concello de Ames contratará nos próximos días a cinco persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), para desenvolver distintos servizos municipais. A partir do 6 de maio e durante sete meses traballarán cun contrato temporal a unha xornada do 75 por cento e levarán a cabo labores de xardinería, limpeza e desbroce de camiños, ademais de colaborar coas brigadas municipais.
A Consellería de Traballo e Benestar aporta ao consistorio amesán preto de 50.000 euros para este programa, que ten como obxectivo fomentar a inserción laboral. Os traballadores seleccionados que se contraten deberán cumprir o requisito de percibir a Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas.
Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras desta renda que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, maiores de 25 anos e as que teñan cargas familiares.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Cinco amienses perceptores de la renta social trabajarán durante 7 meses"




